A delegada da Xunta visita aos alumnos do novo obradoiro dual que formará a 20 persoas desempregadas en Salceda de Caselas
A delegada da Xunta visita aos alumnos do novo obradoiro dual que formará a 20 persoas desempregadas en Salceda de Caselas
A delegada territorial, Ana Ortiz, fixo un percorrido polo Centro de Desenvolvemento Local de O Torrón no que se celebra o curso “Melloras e reformas de centros formativos e cívicos”.
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves aos alumnos do obradoiro “Melloras e reformas de centros formativos e cívicos” que permitirá formar durante o vindeiro ano a 20 persoas desempregadas. Cun investimento de 531.000 euros por parte da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade, o curso comezou no Centro de Desenvolvemento Local de Salceda de Caselas.
Segundo explicou a representante autonómica, os alumnos recibirán formación en operacións auxiliares de revestimentos en construción, albanelaría de fábricas e cubertas, carpintería e moble e mecanizado de madeira e derivados.
Ortiz animou aos participantes a aproveitar a oferta formativa e laboral para incrementar as posibilidades de atopar un traballo. “A formación que recibides durante o último ano son unha ventá ao mercado de traballo e tanto a comarca como o resto de Galicia, a sociedade e as empresas, necesitan xente formada, aí é onde tedes a vosa oportunidade”, destacou.