A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola oficina móbil de retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia

A Xunta salienta o labor de acompañamento e cercanía prestado pola oficina móbil de retorno, que percorreou preto do 60% dos concellos de Galicia

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada da Xunta en A Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Rois, Ramón Tojo, visitaron hoxe a oficina móbil de retorno ubicada nesta parroquia coruñesa.

     
  • Desde 2020, os técnicos, tanto das oficinas fixas como da móbil, levan atendido en Galicia máis de 30.000 familias e tramitadas 152.000 consultas, asesorando sobre axudas, trámites administrativos ou ofrecendo orientación laboral.

  • A oficina móbil leva visitado xa máis do 50% dos concellos coruñeses, prestando apoio a máis de 220 familias e xestionando 90.000 consultas nesta provincia.

     

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, xunto a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitaron esta mañá á oficina móbil de retorno ao seu paso polo concello de Rois. Durante a visita, enmarcada nas actividades da Semana do Goberno Aberto 2025 e na que tamén estivo presente o alcalde do municipio, Ramón Tojo, o secretario reafirmou o compromiso da Xunta con ofrecer un servizo personalizado de apoio integral ás familias retornadas, con independencia da súa localización xeográfica.

O labor da oficina móbil percorrendo os concellos rurais e as vilas máis pequeñas, —con máis 250 visitas desde 2024— compleméntase co desenvolvido nas cinco oficinas permanentes situadas nas cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago, nas que levánse atendidas máis de 152.000 consultas desde a súa posta en marcha no pasado 2020, atendendo a máis de 30.000 familias —preto de 20.000 só nas oficinas da provincia da Coruña—. Respecto ao balance da oficina móbil, esta leva visitado xa máis do 50% dos concellos coruñeses —preto do 60% en toda Galicia—, con máis de 220 familias nesta provincia e a posterior tramitación de máis de 90.000 consultas.

Ao abeiro destas cifras, Miranda fixo fincapé en que a iniciativa —enmarcada no paquete de medidas da Estratexia Galicia Retorna— confírmase como unha ferramenta esencial para facilitar o retorno, a integración e o acompañamento permanente aos galegos que deciden regresar á súa terra. Nese senso, sinalou que Galicia é hoxe unha terra de oportunidades á que poden voltar para sumar o seu talento e capacidades ao mercado de traballo —ben por conta allea ou propia— contribuíndo a cubrir vacantes e tamén a afrontar o propio reto demográfico.

Acompañamento permanente no retorno

Entre os servizos que se ofrecen a través destas oficinas —tanto nas fixas como na móbil— atópanse o asesoramento sobre programas de apoio ao retorno, ofrecendo información actualizada sobre as axudas económicas e programas dispoñibles para facilitar a integración en Galicia. Tamén se brinda axuda nos trámites administrativos, prestando apoio na realización de xestións relacionadas coa sanidade, a vivenda, a educación, a Seguridade Social e outras cuestións importantes para a vida cotiá das persoas retornadas.

Ademais, inclúese orientación laboral, proporcionando asesoramento para a busca de emprego en Galicia e guía sobre a validación de títulos acadados no estranxeiro. A este respecto —e co obxectivo de contribuír de xeito máis eficaz a captar e reter o talento dos galegos e galegas do exterior—, o novo plan de formación do Servizo Público de Emprego de Galicia tamén está destinado ao persoal destas oficinas de retorno, para seguir avanzando na eficacia do servizo.