#Horizonte Benestar 2030
Construír un modelo onde a competitividade e eficiencia das empresas galegas camiñe da man da saúde, a sustentabilidade social e a procura de calidade de vida das persoas impactadas pola súa actividade, procurando unha realidade laboral máis favorable.
A verdadeira Responsabilidade Social non comeza na imaxe, senón no corazón das organizacións: comeza impactando nas persoas que compoñen a organización.
Este proxecto nace, enmarcado en procesos de Responsabilidade Social interna, para avaliar a situación do mercado laboral galego, diagnosticar o punto de partida e a madurez do benestar laboral e organizacional na nosa comunidade.
Queremos definir un concepto e estratexia de xestión do Benetar Laboral, e queremos que sexa compartido entre os distintos axentes: Organizacions Públicas e Privdadas, Administracións, Agrupacións Profesionais e Expertas, Traballadores e Trablladoras, erc.
Este espazo é o eixe central dunha estratexia participativa e compartida.
A través dun cuestionario, invitamos aos distintos axentes a co-crear unha definición de Benestar Laboral que se adapte á realidade do noso tecido laboral.A túa aportación é clave no deseño da folla de ruta operacional cara ao Horizonte 2030.
Queremos contar contigo e recoller as ideas en accións que nos axuden a mellorar a realidade social, o rendemento das organizacións e o benestar das persoas.
- Liderar a trasformación humana do tecido productivo en Galicia:
Establecer un novo marco de referencia de xestión organizacional e de equipos que priorice o benestar integral como motor de eficiencia, como recurso de atracción e retención de talento, como fonte de sustentabilidade social e peza crave do arraigamento territorial.
- Aliñar a competitividade coa sustentabilidade social:
Crear unha folla de ruta compartida que converta o benestar laboral nun valor estratéxico real, na punta de lanza das estratexias de Responsabilidade Social, contribuindo así a situar Galicia na vangarda da Axenda 2030.