Os encontros de xempre
23 | 02 | 2023
19:00 - 20:30
ONLINE
Rosa María Lorenzo, María Caeiro e Fanny López-Amado, compartirán mesa de debate, na nova entrega de Os Encontros de Xempre, que nesta ocasión tratará sobre a comunicación interna nas empresas, e cales son as claves para mellorala.
Nun momento de cambio constante, no que a intoxicación informativa é unha realidade, as empresas teñen o gran desafío de comunicar internamente e conectar cas persoas traballadoras, evitando a súa sobresaturación.
A solución parece ser clara: menos canles, pero con maior impacto. Segmentar o traslado de información, por canles e colectivos, é unha fórmula que axuda a afrontar o sobre-exceso de información presente.
Mellorar os procesos de comunicación interna nunca organización permite mostrar proximidade, presencia e afianzar o sentimento de pertenza no cadro de mando. Con todo, é necesario coñecer as guidelines que permiten que todas as áreas saiban como comunicarse cos equipos; sobre todo, axudándolles a coñecer a importancia do comunicado e a forma na que deben envialo.
A comunicación interna debe estar arraigada nos valores da empresa e ser unha ferramenta facilitadora do employee engagement, empoderando ás persoas empregadas de abaixo cara arriba. As persoas consumidoras non poderán amar unha empresa se os/as empregados/as non a aman.
Limpezas Salgado é unha organización referente na nosa comunidade, con máis de 30 anos de actividade que avalan o bo facer. Comprometidos/as coa contorna, traballan de modo activo e responsable pola sustentabilidade e o crecemento económico cun equipo de máis de 450 traballadores e traballadoras que de modo regular prestan os seus servizos en Salgado. Conscientes da importancia da excelencia non só en relación ao traballo senón, e sobre todo, en canto ao equipo humano: os/as profesionais son o seu mellor activo. Este é o motivo polo que dedican gran parte do esforzo diario a mellorar a súa capacitación e comunicación, deseñando unha estrutura que facilita a mellor coordinación, éxito e fidelidade entre eles e elas e de cara a clientela.
Grupo Caeiro é unha empresa galega con sólida experiencia no sector da automoción, cumprindo máis de 70 anos, primeiro como Axente RENAULT e desde 1971 como Concesionario Oficial Renault e posteriormente Dacia para a provincia da Coruña. Ademais, no grupo tamén se inclúe a marca Nissan para o sur da provincia.
Unha traxectoria dedicada e comprometida, demostrando ser unha empresa fiel aos seus principios e valores: innovación, calidade e máximo compromiso cos nosos clientes. Unha filosofía que se ve reflectida na expansión territorial da empresa para estar máis preto dos seus clientes e que a sitúa como unha das principais do país.
Sen dúbida este crecemento foi posible grazas á capacidade técnica e humana da dirección e equipo do persoal que forma Grupo Caeiro, comprometido e entregado cun proxecto de futuro e afrontando cada reto baixo un criterio empresarial sólido e a total dedicación dos seus integrantes.
Grupo Caeiro inspírase e actúa de acordo aos seguintes valores corporativos: honestidade, honradez, compromiso, seriedade, respecto cara ás persoas e o medioambiente, empatía e responsabilidade.
Vegalsa-Eroski, defínese como unha empresa de orixe familiar e galego.
Grazas ao crecemento constante, hoxe en día Vegalsa-Eroski é un referente en todos os territorios onde ten presenza.
Traballan cada día, para poñer en valor os produtos da nosa contorna, coa mellor relación calidade-prezo e impulsando a produción local. Desta forma, colaboran na dinamización da economía local, ofrecendo un servizo próximo e personalizado a cada cliente.
Grazas a este enfoque contribúen ao desenvolvemento social e económico a través da súa actividade principal: distribución comercial de bens e servizos de gran consumo nas súas diferentes marcas comerciais Eroski, Autoservizos Familia e Cash Record.
En Vegalsa-Eroski sitúan no centro ás persoas e á súa contorna máis próxima, garantindo a mellor relación calidade-prezo en todo o que fan. Apostan por traballar conxuntamente cos seus equipos, clientes e provedores de forma que camiñen cara a un desenvolvemento sostible, impulsando a súa cadea de valor e colaborando coa súa contorna local de forma inclusiva e responsable.