AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) organiza a 11ª edición da formación ‘A economía social e a modernización do sector agroalimentario’ no marco da Rede Eusumo.
Levarase a cabo en modalidade en liña mediante o Campus Virtual de Formación para o Emprego do 6 de febreiro ao 13 de marzo de 2023.
Trátase dunha formación gratuíta de 70 horas lectivas.
Os contidos do programa son os seguintes:
UNIDADE 1. Cooperativismo no sector primario
Módulo 1. As cooperativas
Módulo 2. Marco legal do cooperativismo
UNIDADE 2. Certificacións de calidade
Módulo 3. ISO 9001
Módulo 4. Certificacións en vacún de leite
Módulo 5. Global G.P.A.
Módulo 6. BRC/IFS
Módulo 7. ISO 22000
UNIDADE 3. Certificacións ambientais
Módulo 8. ISO 14000 (14063, 14067…)
Módulo 9. Análise do ciclo de vida
Módulo 10. Pegada de carbono
Módulo 11. Pegada hídrica
Consulta o cartel completo.
Se estás interesad@, inscríbete mediante este formulario antes de que se esgoten as prazas.
Para máis información, contacta a través de gaca@agaca.coop / 981 584 783.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
A través da Rede Eusumo:
- Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
- Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
- Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.
A Rede Eusumo organiza a 3ª edición da actividade en liña: “COÑECE A ECONOMÍA SOCIAL E OS TIPOS DE ENTIDADES QUE A FORMAN”
Datas: do 24 de xaneiro ao 7 de febreiro 2023
Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo
Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer o mundo da economía social e que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.
Obxectivos:
Dar a coñecer a economía social así como as entidades que a forman.
Comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.
Programa:
MÓDULO 1. A economía colaborativa
MÓDULO 2. Que é a economía social?
MÓDULO 3. As cooperativas
- Tipos de cooperativas
- Normativa que rexe as cooperativas
- Órganos das cooperativas
- Réxime económico e fiscal
MÓDULO 4. As sociedades laborais
MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social
MÓDULO 6. Características e diferenzas fronte a outras fórmulas xurídicas
Inscrición:
- Gratuíta
- O prazo para inscribirse remata o 23 de xaneiro de 2023
- Accede ao Campus Eusumo, rexístrate, se aínda non o fixeches, e matricúlate.
Consulta o cartel completo desta formación.