Webinar
15 | maio | 2023
19H
ONLINE
Vivimos un presente cunha actualidade laboral cada día máis complicada, que nos reclama máis coñecemento. Esta realidade está directamente conectada coa saúde das persoas, cada vez máis minguada, que solicita facilidade e goce. A medio camiño, aparece a neurociencia, para atopar o equilibrio entre unha realidade e a outra. A neuromotivación representa o camiño cara á verdadeira Aprendizaxe sostible, é dicir, de impacto a longo prazo. A modo de símil poderiamos dicir que é a gasolina do cerebro, que desde o estímulo motivador permite que a persoa tome acción e persista ata acadar os seus obxectivos. Destaca que este proceso non se realiza desde o esforzo, senón desde unha estratexia inesgotable: coñecendo o funcionamento do noso cerebro. No ámbito das neurociencias, analízase o conxunto dos procesos cerebrais que determinan unha situación concreta. Coñecer e aprender técnicas de automotivación e motivación en equipo, e transformalo nun hábito, é o obxectivo que permite lograr o equilibrio entre a efectividade e a saúde das persoas.
Marta Ligioiz é unha destacada investigadora sobre as capacidades do ser humano. É licenciada en medicina e cirurxía pola Universidade de Sevilla, e Máster Europeo da especialidade en Neurociencia – Neurobioloxía do comportamento.
A especialización en Neurociencia abriu o universo cerebral e a maxestade de como funciona en rede todo o noso corpo. A neurobioloxía do comportamento axúdanos a ser máis humanos.
Marta é membro da Cátedra de Neuroeducación UB-EDU1st da Universidade de Barcelona, e co-directora do posgrao semipresencial, e docente do Posgrao e máster de Neuroeducación da UB. Pola súa vez, forma parte do equipo de enfermidades psicosomáticas do colexio de médicos de Sevilla e é docente na cátedra de Psicoloxía na Universidade Autónoma de Madrid (UAM), no «Máster de Coaching executivo».
Formadora a nivel sanitario, educativo-universitario e de equipos-empresas, a nivel nacional e internacional, e creadora do Neuroximnasio emocional.
A súa vida persoal e profesional orientouse nesta dirección, aplicándoa no campo sanitario, educativo, social e de empresas, como fases e etapas diferentes da nosa vida.