Webinar

19 | setembro | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

ARRISCAR EMPRENDENDO:

O número de persoas emprendedoras, aumenta cada día de forma considerable en Galicia. Protexer os procesos e o bo resultado deses proxectos e negocios, pasa por facilitar ás persoas, estratexias de xestión persoal e autocoñecemento, que eviten o abandono de moitas das iniciativas empresariais.

A xestión do fracaso pasa por atopar a forma de observar no erro un espazo de aprendizaxe que motive á persoa emprendedora a seguir adiante coa súa idea de negocio.

Transformar esa mirada social de xuízo ante os erros, permite que as persoas vaian soltando o medo ao fracaso e poidan observar a oportunidade de crecemento que vai da man de non lograr sempre os obxectivos planificados. Achegar esta nova forma de observación, desde a mirada da intelixencia emocional, é unha forma máis de impulsar ao tecido empresarial galego.

QUEN É:

Anxo Pérez é un emprendedor e escritor galego, coñecido polo seu revolucionario método “8Belts” para aprender idiomas en menos de oito meses. Ao longo da súa carreira traballou para corporacións como o FBI ou a ONU, ademais de dirixir a súa empresa, 8Belts, e ser un reputado conferenciante.

É demais un dos emprendedores españois máis brillantes e recoñecidos. En apenas uns anos de vida, a empresa pasou dun a máis de 100 empregados/as e ten clientes en máis de 50 países.

Galardoado co premio Emprendedores de Deloitte, premio Emprendedor do ano en España, premio polo estado de Ohio á mellor traxectoria profesional e premio ao ex-alumno do ano na Universidade de Virginia (Estados Unidos).