Webinar
18 | 04 | 2023
19:00 - 20:30
ONLINE
A través deste webinar, e da man de Pau García- Milá, trataremos como a creatividade, a través de novas ideas, brinda beneficios ás persoas, aos equipos de traballo e ás empresas. Representa a ocasión para renovarse e dar un paso adiante no mercado, xerando propostas novas do agrado do público obxectivo e potencial clientela.
Con todo, para que xurda unha nova e boa idea, é necesario saber ofrecer un espazo de confianza, de respaldo e seguimento, xa que o desenvolvemento dun proceso creativo ten os seus beneficios pero tamén achega novos retos.
Hai persoas que teñen desenvoltas as habilidades creativas, pero hai tamén quen pode achegar novas ideas polo coñecemento e experiencia acumuladas. A creatividade ten moitas orixes e saber impulsala nos equipos, desde un liderado transformador, é o que diferencia aos negocios vangardistas. Ofrecer técnicas para lograr a integración de equipos, e unha das bases de apoio no crecemento do tecido empresarial galego.
Calendarizar reunións para achegar novas ideas, asumir o rol de guía e observador/a, rotar ás persoas en diferentes proxectos para provocar novas experiencias, guiar cara á visualización de cambios e oportunidades de mellora, dar confianza… Son algúns dos recursos que transforman a un grupo de persoas traballadoras, nun equipo cohesionado con capacidade de achegar e innovar.
Cursou os seus estudos no Centre for entreprenurial learning da Universidade de Cambridge e en ESADE.
Emprendedor en serie, creativo e innovador sen fronteiras, Pau fundou a súa primeira empresa aos 17 anos, cando aínda estaba a estudar o bacharelato e aínda non se falaba de emprendemento. Esta empresa, eyeOS, fundada en 2005, era pioneira no desenvolvemento de solucións de virtualización en cloud computing e foi adquirida por Telefónica en 2014.
Desde entón, o desenvolvemento de ideas non cesou, fundando numerosas e exitosas empresas entre as que destacan: IdeaFoster, unha consultora de Innovación orientada a axudar a empresas a crear proxectos e fomentar o desenvolvemento de ideas seguindo metodoloxías usadas por Start-ups, a cal foi adquirida por Canvia; empresa do grupo Advent International e Founderz, unha escola en liña de emprendemento orientada a axudar a futuros/as emprendedores/as a empezar proxectos. Os cursos de Founderz son de xeración de ideas, aterraxe de ideas, modelos de negocio, ferramentas dixitais, comunicación e storytelling, márketing en liña e legal.
Compaxina o seu labor empresarial con numerosas conferencias a través das cales fomenta o emprendemento poñendo en valor a creatividade cotiá, o mundo das ideas, a innovación e o optimismo, entre outros temas. Tamñen imparte clases en ESADE onde é parte do equipo do Master en Dixital Business, converténdose no docente máis novo da entidade.
Un perfil sen dúbida motivacional e gran comunicador con impacto e influencia, que pode ser un activo de gran valor para o proxecto HUB XEMPRE.