Formación

29 | 05 | 2023 -
01 | 06 | 2023

16:00 - 20:00

Fundación Cel Iniciativas por Lugo

A Fundación CEL, a través da Rede Eusumo, organiza a formación “Constrúe o teu modelo de negocio con LEGO“.

Levarase a cabo entre o 29 de maio e o 1 de xuño de 2023 nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 16:00 h a 20:00 h.

Este curso gratuíto de 16 horas está destinado a cooperativas, sociedades laborais e persoas emprendedoras que aposten pola fórmula de cooperativa e economía social.

O obxectivo desta actividade é axudar ás persoas emprendedoras a concretar os puntos clave para levar a cabo a súa idea de negocio satisfactoriamente, fomentando a creación dunha estratexia clara para deseñar o produto e chegar ao cliente obxectivo.

O programa formativo é o seguinte:

MÓDULO 1. Construíndo a túa proposta de valor

MÓDULO 2. Construíndo o teu cliente tipo. O modelo de empatía

MÓDULO 3. Construíndo o teu produto e o camiño cara o teu cliente

MÓDULO 4. Construíndo a túa cooperativa

Todas as sesións están orientadas a incrementar a creatividade aplicada ás ideas de negocio das diferentes entidades de economía social.

Podes inscribirte a través do seguinte formulario. O número de prazas está limitado a 10 persoas.

Consulta o cartel completo da actividade formativa.

Para máis información: 982 284 150 / info@fundacioncel.org

Luns, 29 Maio, 2023 – 16:00 to Xoves, 1 June, 2023 – 20:00

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

A través da Rede Eusumo:

  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social. 
  • Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social. 
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.

evarase a cabo entre o 29 de maio e o 1 de xuño de 2023 nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 16:00 h a 20:00 h.