Masterclass

30 | 05 | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

A nova xestión do talento implica xerar estratexias que realmente sexan eficaces. E estas pasan por ser estratexias People First. Poñer ao empregado no centro, implica aproveitar a tecnoloxía para integrar ás persoas, ser innovadores nas metodoloxías, contornas e escoitar de verdade as súas necesidades.

As persoas son o ben máis prezado da organización. Non se trata de esquecer as estratexias de negocio e buscar satisfacer ao empregado, custe o que custe, senón de apostar por unha conexión entre as persoas, fluidez na comunicación e incentivar accións que pretenden unir cultura organizativa e persoas.

Non é fácil nin a xestión de persoas nin o cambio que estamos a vivir, pero son cambios que están a afectar a toda a sociedade e é indispensable que as organizacións se comprometan da mesma forma. O reto actual é deixar de ver ás persoas como man de obra e recursos xestionables para a consecución dun obxectivo. Para ser unha empresa de éxito xa non vale con iso, hai que dar un paso máis e entender o valor que son e achegan as persoas que forman parte da compañía.

A través desta Masterclass, da man de Jaume Gurt, experto en trasformación cultural das organizacións, presentaranse as claves para impulsar o cambio.

Cando unha organización busca non ter empregados/as senón embaixadores/as de marca está a levar a cabo a estratexia vangardista. Poñer a persoa no centro para fortalecer as relacións, tendo en conta as súas necesidades e intereses, empatizando e axudando no seu desenvolvemento, xera implicación e compromiso nesas persoas que serán as encargadas de por en marcha a estratexia de negocio. Grazas a Jaume Gurt, aprenderemos cales son os pasos a seguir para acadar este obxectivo.

Jaume Gurt é Licenciado en Enxeñería de Telecomunicacións pola Universidade Politécnica de Cataluña e PDD (Programa de Desenvolvemento Directivo) polo IESE Business School na Universidade de Navarra.

A súa inquietude polas persoas levoulle a formarse en eneagrama, meditación, técnicas de coaching e PNL. Para Jaume Gurt as persoas son o elemento crave do desenvolvemento das organizacións e do seu éxito.

No ano 2002 incorpórase á empresa InfoJobs como Director Comercial, para desenvolver o modelo de negocio en liña, deseñar a estratexia para a forza comercial e despregar un equipo de vendas de ámbito nacional. Poucos anos despois convértese no Director Xeral, posto desde o que impulsa unha nova cultura para a compañía, baseada na Felicidade, a Alegría e o Desenvolvemento das Persoas. Estas claves serás as impulsoras de novos produtos, novas relacións con clientes e provedores e dunha organización máis eficiente e innovadora.

Jaume Gurt tamén forma parte do padroado de Ship2B, unha incubadora que impulsa negocios con rendibilidade económica e social. Ademais, foi Director de Organización e Desenvolvemento de Persoas en Schibsted Spain, formada polas marcas de Infojobs, Fotocasa, Vibbo, Coches.net e MilAnuncios, onde estende a súa cultura humanista baseada en valores, transparencia e proximidade coas persoas.

Na actualidade, Jaume Gurt traballa e aposta por un espazo de desenvolvemento humano e profesional que facilite a creatividade, a confianza entre as persoas, a transparencia, o traballo en equipo e o liderado de cada individuo dentro da organización. Defende que hai que ensinar ás persoas a empoderarse, a falar e a liderar desde o “corazón” e a “alma”, xa que a felicidade é a clave para desenvolver un traballo do que sentirse orgulloso.