Webinar
24 | 02 | 2023
35H
ONLINE
Seguindo indicacións da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, informámoslle que xa pode inscribirse no curso avanzado en materia de igualdade laboral que terá lugar entre o 28 de febreiro e o 05 de maio do 2023
Tratase de formación en liña de 35 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se profundará sobre:
- A aproximación á normativa en materia de igualdade nas relacións laborais e problemática actual
- Negociación e elaboración dos plans de igualdade
- A PRL con enfoque de xénero,
- A igualdade retributiva. Rexistro e auditoría retributiva
- Medidas para fomentar a igualdade laboral
- Protocolos para loitar contra o acoso sexual e por razón de sexo
- O rexistro dos plans de igualdade.
O curso estará composto por unha parte teórica que consta de 7 módulos impartidos de forma pre-gravada e 3 clases prácticas en liña.
Para acceder a esta formación, é requisito imprescindible ter superado o curso básico de igualdade laboral de 8 horas.
Para máis información pode acceder ó espazo web https://igualdade-laboral.gal/
O prazo de inscrición estará aberto dende hoxe ata o 24 de febreiro
Anímese!!! É unha oportunidade única!!!
O gran reto deste tempo no que nos atopamos actualmente é pasar da igualdade legal á igualdade real. E para iso, é importante o compromiso de toda a sociedade, incluídas as empresas e institucións.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia ve fundamental asumir o compromiso de poñer en marcha este campus en liña coa finalidade de que toda persoa interesada en formarse en igualdade laboral poida facelo a través da participación en diferentes xornadas e cursos formativos nesta materia.