Formación
26 | 06 | 2023 -
03 | 07 | 2023
3 horas e media
Online
Formación en liña de 3,5 horas en materia de Igualdade Laboral a través da cal se pretende afondar sobre a análise dos criterios administrativos, xurisprudenciais e sentenzas de interese.
3 horas e media
En liña
Idioma: galego
Certificado de aproveitamento ao completar o taller
Docente
Sandra García Lombardía, Inspectora de Traballo e Seguridade Social
Glora Poyatos Matos, Maxistrada da Sala Social do Tribunal Superior de Xustiza de Canarias
Aprende ao teu ritmo
O taller formativo levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o 28 de xuño de 2023 en horario de tarde (de 16:00 a 19:30 h), permitindo que as persoas participantes intercambien coñecementos e experiencias entre elas.
Que inclúe este taller?
Mecanismos procesais: Xurisdición Social e Xurisdición Penal
Sentenzas relevantes
Tutela administrativa. Actuacións da Inspección de Traballo
Cal é a estrutura e o desenvolvemento deste curso formativo?
A duración desta sesión será de 3 horas e media e adecuaranse á seguinte estrutura:
16:00 – 16:05 h Presentación do taller
Representante da Dirección Xeral de Relacións Laborais
16:05 – 17:35 h Mecanismos procesais. Sentenzas relevantes
Gloria Poyatos Matas. Maxistrada TSX de Canarias
17:35 – 17:45 h Rolda de consultas
17:45 – 17:50 h Descanso
17:50 – 19:20 h Actuacións da Inspección de Traballo
Sandra García Lombardía. Inspectora de Traballo e Seguridade Social
19:20 – 19:30 h Rolda de consultas
Se quere obter o certificado de aproveitamento do taller, ademais de ter asistido á sesión en liña, deberá responder satisfactoriamente, polo menos o 70 % das cuestións expostas no test de avaliación que estará a súa disposición no Campus en liña.
Duración
Entre o 26/06/2023 e o 03/07/2023.
O taller levarase a cabo a través dunha sesión en liña que se celebrará o día 28 de xuño de 2023 de 16:00 a 19:30 h.
Ase mesmo, as persoas participantes terán ata o luns 3 de xullo de 2023 para responder o test de avaliación posto a súa disposición a través do campus en liña. Para a súa realización se disporá das 24 horas do día, todos os días da semana.
Inscrición
O prazo de inscrición finaliza o 23 de xuño de 2023 ás 23:59 horas.
Prazas limitadas.
Quero inscribirme ao taller.
No seu compromiso pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres nas empresas galegas, a Dirección Xeral de Relacións Laborais, da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, presenta esta web/sección como continente da información sobre materias, en relación coa igualdade laboral, competencia da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e que ten por finalidade facilitar ás empresas a elaboración de plans de igualdade e outras medidas de promoción da igualdade.