Os encontros de Emprego en Galicia

19 | outubro | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

PROXECTOS QUE MEDRAN EN TEMPO RÉCORD:

Técnicas, procesos, ideas de negocio orixinais… Cada día son máis os exemplos de empresas galegas que en moi pouco tempo logran ampliar o seu nicho de negocio e facer crecer o seu cadro de mando de forma exponencial. Pero… Cales son os ingredientes que impulsan o crecemento de estes negocios de forma tan marcada?

Achegar exemplos motivadores e inspiradores á cidadanía, é unha estratexia que impulsa o emprendemento e ofrece recursos de innovación á poboación galega, principalmente a mocidade, que se ve reflectida, de forma máis sinxela, en persoas da súa mesma xeración.

Ofrecer casos reais de empresas que naceron e creceron nun tempo récord, esperta a posibilidade en todas aquelas persoas que teñen unha idea pero non o impulso de levala a cabo. Desbloquear estas iniciativas pode ser un bo recurso para garantir o crecemento do futuro do tecido empresarial galego.

QUE É:

TECHFLIP é unha alternativa ao modo tradicional de vender unha vivenda. A idea xorde a principios de 2021 na etapa universitaria dos dous fundadores.

Estes empezaron querendo comprar, reformar e revender pisos. Aí foi onde se deron conta de como funcionaba este xogo: o diñeiro pasa das mans dun propietario que vende unha vivenda en mal estado, ás de investidores con coñecemento que as reforman e véndenas por moito máis.

Sendo conscientes de que ninguén facía nada para axudar realmente a eses vendedores desinformados, viron que había unha oportunidade de facelo eles innovando no sector inmobiliario.

De forma que se especializaron en asociarse cun propietario que quere vender o seu inmoble, asumir os custos para revalorizalo coa reforma ou decoración que este necesite, e finalmente encargándose da súa venda co correspondente beneficio extra. Sen que o propietario invista tempo nin diñeiro niso.

QUEN É:

Morriña naceu coa intención dun restaurante puramente tradicional, ao pouco tempo démonos conta que a zona, o propio local e os clientes buscaban algo diferente.

Na actualidade podemos consideralo un restaurante con base tradicional, fusionando matices diferentes de distintas gastronomías, tanto nacionais como internacionais.

Convertémosnos nun lugar versátil onde atoparás tanto comidas familiares, reunións de amigos, turistas ou a “casa” do mediodía para as persoas que traballan nas oficinas de ao redor.

QUEN É:

VELCA é unha marca de motos creada en 2020, 100% eléctricas con batería extraíble que se pode cargar en calquera enchufe doméstico. A súa startup gañou varios premios internacionais como “mellor marca de motos eléctricas de Europa” e representou a España na final da Startup World Cup en San Francisco.