Os encontros de Emprego en Galicia

14 | decembro | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

RRHH 2030:

Aínda que a día de hoxe o que se aveciña nos anos por vir sexa difícil de imaxinar, o certo é que os cambios que trouxo consigo a cuarta revolución industrial están a alterar por completo o panorama do mundo laboral para a próxima década, polo que aquelas persoas a cargo da xestión de talento deberán ser capaces de moverse nun ecosistema 100% dixital cunha forza laboral composta, agora si, por nativos dixitais.

Os departamentos de recursos humanos, poden converterse en axentes de cambio. O rol das empresas pode encadrarse como garantes dunha segunda instancia ou inclusive primeira, no referido, á formación en prácticas para roles específicos.

Este cambio de paradigma será clave no futuro do traballo, o cal anticipa unha modificación palpable respecto das habilidades e competencias coas que deberán contar persoas traballadoras, supervisores/as, managers e CEO, por igual.

QUE É:

DISASHOP é unha empresa con sede na Coruña, que dispón de filiais ao redor do mundo, contando cunha ampla rede de puntos de venda. 

Compañía tecnolóxica con presenza internacional, líderes en venda e distribución de produtos e servizos dixitais con capital 100% español.

QUEN É:

CONGALSA é unha organización que se dedica á elaboración de produtos precociñados ultraconxelados a base de peixe. Actualmente a empresa factura 132 millóns de euros, emprega a 550 traballadores distribuídos en 3 fábricas que producen en total unas 30 mil toneladas de produtos.

QUEN É:

VICKY FOODS é unha empresa líder en alimentación industrial, máis coñecida como Dulcesol. Con 2900 empregados, e plantas de produción en España e Alxeria, naceu en 1976 como unha empresa familiar de panadería. A innovación e os cambios constantes converten a Vicky Foods nun referente do sector e nun modelo a seguir de moitas pemes.