Masterclass

5 | outubro | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

RUTINAS DE BENESTAR ON!

O benestar é un concepto que cada día se asocia de forma máis estreita ao mundo laboral. A sociedade actual é máis consciente da cantidade de horas que pasamos no noso posto de traballo e a saúde mental está a converterse nunha preocupación social, pero tamén empresarial, xa que cada día son máis as baixas asociadas a esta motivación. Atender esta cuestión xa non é unha opción, senón unha obriga para a mellora dos resultados empresariais.

Introducir rutinas de benestar é un obxectivo que se está a estender nas organizacións, pero non sempre sabemos por onde empezar e cal é o plan de acción mellor e máis adecuado para o noso tipo de negocio e equipo de traballo. Ofrecer exemplos e recursos, é un primeiro paso que pode acompañar a empresas e empresarios/as.

O benestar organizacional é un concepto relativamente novo que ademais de compromiso por parte do sistema organizacional, tamén require de orientación e acompañamento para impulsar estes procesos que tan bos resultados teñen, cando se introducen de forma organizada e orientada.

A globalización da economía, os cambios na tecnoloxía e comunicación, a crise económica, os cambios das esixencias e características da clientela, e as necesidades e aspiracións dos equipos de traballo, entre outros factores, esixen poñer unha maior énfase nos sistemas organizativos das empresas.

QUEN É:

Lourdes Tomás é fundadora da empresa social MÉDICO MENTOR, cuxo obxectivo prioritario é transformar o modelo de saúde actual e impulsar que as persoas conquisten o seu propio estado de benestar, promovendo o talento san e construíndo un modelo de sociedade saudable e sostible, a través da sensibilización, a formación e a educación en saúde.

Médico de familia, Doctora de enfermedades cardiovasculares e difusora do Benestar na empresa, cunha visión integral, social e humanista do ser humano, que a levou a ser recoñecida “Líder Saudable 2017 en España” polo seu labor de sensibilización no tecido empresarial e social do noso país.

Desde fai 15 anos, combina o seu labor médico asistencial coa implantación de programas de formación en saúde e benestar en contornas empresariais e sociais. Autora do libro “La Salud, tu mejor talento” que vai xa pola súa 10ª edición.