Os encontros de xempre
03 | 05 | 2023
19:00 - 20:30
ONLINE
Un dos maiores problemas aos que se están enfrontando as empresas na actualidade é a fuga de talento, que ten como principais causas as condicións económicas, problemas para crecer dentro da empresa e a falta de equilibrio entre a vida laboral e persoal.
Contar co mellor talento supón unha clara vantaxe competitiva para as organizacións e calquera axuda que optimice a súa atracción e fidelización é benvida. Os especialistas en solucións apuntan á transformación dixital, como panca para frear este desafío empresarial.
Mostrar as empresas como implantar solucións dixitais permite ademais de atender ás novas tendencias no traballo (tele traballo, flexibilidade horaria, desenvolvemento), automatizar procesos de RRHH que reduce tempos e custos e aumenta a axilidade e calidade; e cun beneficio engadido: os profesionais de RRHH senten realizados, xa que dedican o seu tempo a tarefas de verdadeiro valor engadido.
A tecnoloxía encárguese de executar todas as tarefas rutinarias posibilitando que os profesionais de RRHH se dediquen a atraer, potenciar e fidelizar o talento, mellorando, por exemplo, a estratexia de formación ou asegurando a eficiencia e mellora na produtividade desenvolvendo o modelo de avaliación do desempeño…; en definitiva, a facilitar o smart working.
Destas novas tendencias que se afianzan cada vez máis no tecido empresarial galego falarannos tres grandes referentes do sector: Plexus Tech, Tecalis e Altia.
Plexus Tech é unha compañía tecnolóxica especializada en servizos e produtos IT con máis de 2.000 profesionais desenvolvendo produtos e servizos tecnolóxicos que fan mellorar a vida de persoas, compañías e institucións. Baseado nun modelo de proximidade, rapidez e flexibilidade, Plexus é un referente a nivel nacional tanto no mundo tecnolóxico como no dos RRHH, sendo pioneiros con “Flexology”, o seu modelo de xestión do capital humano híbrido, adaptable e flexible.
Tecalis é unha empresa galega líder en solucións dixitais de onboarding de cliente, que crea un produto disruptivo para facer crecer e evolucionar ás empresas máis innovadoras. Máis de 10 anos no mercado converten a Tecalis nunha organización experta e pioneira no desenvolvemento de ferramentas de xestión dixital do talento e do capital humano. Coas diferentes tecnoloxías aplicadas en organizacións do noso país, alcanzaron cifras moi significativas como o 40% de aumento na satisfacción das persoas empregadas ao implementar solucións dixitais na área de RRHH.
Altia suma o talento de máis de 3.200 persoas, situadas en máis de 20 localizacións de sete países para ofrecer solucións tecnolóxicas adaptadas ao mercado e preparadas para o futuro, converténdose nunha empresa referente a nivel internacional grazas aos seus servizos de alto valor.
Con case 30 anos de experiencia no sector, desenvolvendo solucións dixitais integrais, son exemplo de boas prácticas, conscientes da necesidade dun impacto positivo que contribúa ao desenvolvemento, transformación e fortalecemento das empresas e do poder que as súas solucións dixitais teñen para a xestión das persoas.