OFICINA VIRTUAL DO AUTÓNOMO

Dende a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en interlocución coas principais entidades representativas do sector, ponse en marcha a Oficina Virtual do Emprego Autónomo como instrumento para unificar e potenciar a atención ás persoas traballadoras autónomas que desenvolven a súa actividade en Galicia.

A Oficina Virtual busca “dar resposta a todas as necesidades que poden xurdir ao longo da actividade dunha persoa traballadora autónoma”, dende que está a considerar a posibilidade de darse alta ata que, cumprida a súa vida laboral, se achega á súa xubilación.

Descobre unha xanela única para o emprego autónomo en Galicia