Xunta e Consello Galego de Relacións Laborais reúnense no marco da coordinación que manteñen para impulsar a mediación en Galicia
Xunta e Consello Galego de Relacións Laborais reúnense no marco da coordinación que manteñen para impulsar a mediación en Galicia
A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais, Antía Sández, mantiveron hoxe unha xuntanza de coordinación no marco do diálogo fluído que manteñen para impulsar en Galicia a mediación laboral.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, como autoridade laboral, ten entre as súas funcións o rexistro dos convenios colectivos, mentres que é o Consello Galego de Relacións Laborais o que ten no exercicio das súas competencias a mediación laboral e a promoción da negociación colectiva.
Mancha destacou na xuntanza a importancia do diálogo entre as partes para resolver conflitos no traballo e apuntou que a Administración autonómica galega respecta o principio de autonomía nas negociacións colectivas, ao tempo que brinda a mediación e o arbitraxe que ofrece o Consello Galego de Relacións Laborais.