A Xunta de Galicia avanza da man de Aspais na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade

A Xunta de Galicia avanza da man de Aspais na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, vén de manter unha xuntanza co presidente da Asociación para a promoción de actividades de integración sociolaboral en centros especiais de emprego (Aspais), Ramón Dourado, co que tratou a necesidade de seguir avanzando na inserción laboral e na mellora da calidade do emprego en beneficio das persoas con discapacidade. Na xuntanza tamén participou a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño.

As representantes autonómicas aludiron ao papel de Aspais en representación do movemento asociativo da discapacidade e como socia da Rede Eusumo impulsada pola Xunta co gallo de dar visibilidade e impulso á economía social. Nese ámbito, recordaron que Galicia está a executar a segunda Estratexia Galega de Economía Social, cun horizonte ata 2027 co obxecto de reforzar a presenza desta fórmula económica en sectores emerxentes como o tecnolóxico, o industrial ou o verde.

Poñendo o foco na retención do talento mozo e na cobertura de vacantes en sectores estratéxicos, o programa impulsa preferentemente a empregabilidade das persoas menores de 30 anos, podendo beneficiarse tamén as maiores desa idade no caso dos apoios destinados ao sector artesanal, que se dirixen aos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. É este o caso de Druída, que acumula dúas décadas traballando baixo a marca e que —grazas ás novas axudas— poderá contar cunha persoa aprendiz no seu taller.

En concreto, as achegas están destinadas a incentivar contratos de prácticas ou de formación en alternancia —a tempo completo e durante 12 meses— nas empresas, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e, por primeira vez, tamén nos obradoiros artesanais. O obxectivo é dotar as persoas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia de competencias que lles permitan acceder ao mercado laboral. As axudas dan cobertura aos custos salariais dos postos de traballo, con contías que van desde preto de 10.000 aos máis de 16.600 euros.

A iniciativa facilita así un período de práctica profesional acompañado dun proceso de formación para o emprego, favorecendo a inserción laboral das persoas participantes que, unha vez rematado o proceso, contarán con novas competencias para acceder a un emprego estable.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro ou ata que se esgote o crédito dispoñible.

O obxectivo é promover un plan de lecer alternativo, educativo e saudable para as persoas mozas, a partir do coñecemento do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia. No caso de Arte nas mans, ofréceselles ás 29 persoas participantes a posibilidade de iniciarse en diferentes técnicas e oficios artesanais a través de obradoiros de tecido manual, tinguido de téxtiles, de torno cerámico e de transferencia de imaxes en cerámica, de bordado sobre fotografía e de marroquinería a través de obradoiros impartidos por Variopinto, Carlos San Claudio, Peixesapop e Misoco, todos eles profesionais inscritos en Artesanía de Galicia.

Esta aprendizaxe de oficios artesanais complétase coa experiencia da convivencia e do desenvolvemento persoal das persoas participantes nunha contorna única rodeada de paisaxes naturais, o que permite amosarlle á xuventude os valores da artesanía e o seu vínculo co territorio. Na programación de actividades inclúense tamén rutas fotográficas na natureza ou xogos na contorna do río Arnoia.