O benestar das persoas como do futuro produtivo de Galicia

Un proceso participativo e aberto para definir, medir e mellorar o benestar laboral no noso tecido empresarial.

Desde a Responsabilidade Social real: a que comeza dentro das organizacións.

QUE É

Coñece o proxecto e forma parte

Estamos a realizar o primeiro diagnóstico de benestar laboral en Galicia, para transformar a realidade laboral desde dentro das organizacións.

Galicia necesita saber cómo se traballa de verdade: con que condicións, con que cargas e con que calidade de vida. Este proxecto recolle as vosas respostas para convertelas en políticas e medidas reais.

Traballadores, empresas, sindicatos e administracións: todos formamos parte do mundo laboral galego. Este espazo é para entendelo mellor e melloralo entre todos.

Un proxecto da Xunta de Galicia para entender como viven o traballo as persoas e as empresas galegas e deseñar xuntos un plan de mellora real para 2030.

DIÁLOGO SOCIAL

Participa: a túa visión constrúe a folla de ruta

Traballas? Dirixes un equipo? Representas a persoas traballadoras? Xestionas persoas nunha organización?

Entón sabes de primeira man como se vive o traballo en Galicia. E iso é exactamente o que necesitamos.

A través dun cuestionario, invitámosvos a co-crear unha definición de Benestar Laboral que se adapte á realidade do noso tecido laboral. A túa aportación é clave no deseño da folla de ruta operacional cara ao Horizonte 2030.

Queremos contar contigo e recoller as ideas en accións que nos axuden a  mellorar a realidade social, o rendemento das organizacións e o benestar das persoas.

PARTICIPA! Este espazo é o eixe central da estratexia. A túa aportación é clave no deseño da folla de ruta.

2030

Horizonte estratéxico

PARTICIPA!

DIagnóstico aberto

+25

axentes

PARA QUÉ ESTE PROXECTO

A RSE que transforma empeza por dentro

A verdadeira  Responsabilidade Social non comeza na imaxe, nin na comunicación: comeza no corazón das organizacións: impactando nas persoas que as componen.

Este proxecto nace para avaliar a madurez do benestar laboral en Galicia, diagnosticar o punto de partida e deseñar unha estratexia compartida que coloque ás persoas no centro da competitividade.

METODOLOXÍA

Como construímos o diagnóstico

01

Revisión documental

Completada 100%

Análise do marco normativo europeo e galego, tendencias internacionais e estudos existentes sobre benestar laboral e RSE interna.

02

Entrevistas con axentes estratéxicos

En execución... 50%

Conversas en profundidade con líderes responsables de RRHH, representantes sindicais e administracións públicas.

03

Diálogo Social

Aberto agora

Recollida masiva de perspectivas de axentes claves de diferentes organizacións de toda Galicia. A túa voz forma parte do diagnóstico.

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

Cara a onde imos

Establecer un novo marco de xestión organizacional que priorice o benestar laboral como motor de eficiencia e de arraigamento territorial.

Converter o benestar laboral nun valor estratéxico real, contribuíndo a situar Galicia na vangarda da Axenda 2030.

Usar o benestar como recurso real de atracción de talento e como peza clave da sustentabilidade das organizacións galegas.

Crear unha folla de ruta compartida entre organizacións públicas e privadas, administracións, profesionais e traballadores.

HORIZONTE BENESTAR 2030: