COÑÉCENOS
A Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais é o órgano da Xunta de Galicia encargado de impulsar as políticas públicas de emprego, formación profesional para o emprego, emprendemento, economía social e relacións laborais no noso territorio.
A súa función principal é deseñar, coordinar e executar iniciativas que favorezan a inserción laboral das persoas, melloren a calidade do emprego e promovan contornas laborais máis xustas, igualitarias e sostibles. Todo isto nun contexto marcado polos retos do cambio tecnolóxico, demográfico e social, co compromiso de non deixar a ninguén atrás.
Desde a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais traballamos por un modelo de desenvolvemento laboral que:
- Sitúe as persoas no centro das políticas activas de emprego.
- Fortaleza a colaboración coas empresas, entidades e institucións do territorio.
- Impulse o emprendemento sostible e a economía, especialmente no medio rural e entre colectivos prioritarios.
- Fomente a igualdade de oportunidades, a corresponsabilidade e o diálogo social como piares para unha Galicia máis inclusiva.

Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais
Pablo Fernández López, secretario xeral
Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
Zeltia Lado Lago, directora xeral
Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social
Marta Mariño Regueiro, directora xeral
Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
M.ª Adela Quinzá-Torroja García, xerente
Consello Galego de Relacións Laborais
Antía Sández Callejo, presidenta
Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo
Rosanna López Salgueiro, directora xerente
Queres contactar con nós?
981 544 666
sx.emprego@xunta.gal
Edificio administrativo de San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Se queres contactar con nós
Edificio administrativo de San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tel.: 981 544 666
Correo-e: sx.emprego@xunta.gal