A Xunta apoia a ‘I Feira de Stock de Verín’ co gallo de dar pulo ao comercio de proximidade
A Xunta apoia a ‘I Feira de Stock de Verín’ co gallo de dar pulo ao comercio de proximidade
- A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais e o director xeral de Comercio e Consumo visitaron hoxe o obradoiro artesanal de xoiería Druída, beneficiario desta nova liña de 1 M€ coa que se prevé formar uns 50 aprendices en oficios tradicionais
- Gabriel Alén destacou que Aever foi unha das entidades beneficiarias das axudas a centros comerciais abertos que distribuíron este ano uns 263.000 euros na provincia de Ourense, no caso verinense, cunha achega que inclúe unha campaña extraordinaria
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu esta tarde á I Feira de Stock de Verín, organizada pola Asociación de Empresarios/as de Verín (Aever) co apoio da Xunta no marco das axudas a centros comerciais abertos. Unhas axudas que distribuíron máis de 2,35 M€ entre 56 entidades de toda Galicia, arredor de 263.000 euros deles na provincia de Ourense.
Durante a súa visita, Gabriel lembrou que a Aever foi ademais unha das cinco entidades seleccionadas pola Xunta este ano para desenvolver unha campaña extraordinaria de dinamización comercial. En concreto, na primeira semana de outubro terá lugar a Gala do comercio local de Verín, co obxectivo de recoñecer e poñer en valor o tecido comercial como parte da memoria colectiva e da vida cotiá da vila.
O representante autonómico salientou que esta proposta extraordinaria busca celebrar tanto os negocios consolidados como os novos, promovendo a innovación, visibilizando boas prácticas e motivando os comerciantes a seguir mellorando os seus proxectos. Así, o evento combinará espectáculo e música en directo coa entrega de premios en diferentes categorías: traxectoria, dinamización comercial, innovación, profesionalización e un premio do público. Entregaranse tamén premios vinculados a tíckets de compra, permitindo aos consumidores participar e gañar recoñecementos ou vantaxes adicionais por apoiar o comercio local.
Poñendo o foco na retención do talento mozo e na cobertura de vacantes en sectores estratéxicos, o programa impulsa preferentemente a empregabilidade das persoas menores de 30 anos, podendo beneficiarse tamén as maiores desa idade no caso dos apoios destinados ao sector artesanal, que se dirixen aos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. É este o caso de Druída, que acumula dúas décadas traballando baixo a marca e que —grazas ás novas axudas— poderá contar cunha persoa aprendiz no seu taller.
En concreto, as achegas están destinadas a incentivar contratos de prácticas ou de formación en alternancia —a tempo completo e durante 12 meses— nas empresas, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e, por primeira vez, tamén nos obradoiros artesanais. O obxectivo é dotar as persoas inscritas como demandantes no Servizo Público de Emprego de Galicia de competencias que lles permitan acceder ao mercado laboral. As axudas dan cobertura aos custos salariais dos postos de traballo, con contías que van desde preto de 10.000 aos máis de 16.600 euros.
A iniciativa facilita así un período de práctica profesional acompañado dun proceso de formación para o emprego, favorecendo a inserción laboral das persoas participantes que, unha vez rematado o proceso, contarán con novas competencias para acceder a un emprego estable.
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 30 de setembro ou ata que se esgote o crédito dispoñible.
O obxectivo é promover un plan de lecer alternativo, educativo e saudable para as persoas mozas, a partir do coñecemento do patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia. No caso de Arte nas mans, ofréceselles ás 29 persoas participantes a posibilidade de iniciarse en diferentes técnicas e oficios artesanais a través de obradoiros de tecido manual, tinguido de téxtiles, de torno cerámico e de transferencia de imaxes en cerámica, de bordado sobre fotografía e de marroquinería a través de obradoiros impartidos por Variopinto, Carlos San Claudio, Peixesapop e Misoco, todos eles profesionais inscritos en Artesanía de Galicia.
Esta aprendizaxe de oficios artesanais complétase coa experiencia da convivencia e do desenvolvemento persoal das persoas participantes nunha contorna única rodeada de paisaxes naturais, o que permite amosarlle á xuventude os valores da artesanía e o seu vínculo co territorio. Na programación de actividades inclúense tamén rutas fotográficas na natureza ou xogos na contorna do río Arnoia.

