A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Cee no concurso convocado polo 25-N

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Lugo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Cee no concurso convocado polo 25-N

O xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas nas que primaron as mensaxes de concienciación e prevención da violencia de xénero e de denuncia desta lacra

A entrega dos premios escenificarase nun acto presidido pola conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade o 25 de novembro en Santiago de Compostela

A partida destinada á formación para o emprego e a orientación laboral chegará ata os 202,2 millóns de euros. Crece un 9,6 %, para, entre outros obxectivos, dar continuidade á Axenda Galega de Capacidades para o Emprego (3,2 M€) como conectora entre as necesidades de man de obra do tecido empresarial e as persoas traballadoras. O novo Plan Galego de Formación para o Emprego suporá máis de 104 M€.

Lorenzana anunciou o lanzamento o ano que vén do novo programa Retorna Cualifica con 4,5 M€ que nace coa intención de acadar, a través da formación profesional, a volta e retención do talento de galegas e galegos emigrados.

A comunidade será a primeira en ofrecer, a partires do próximo ano, microformacións dirixidas a acreditar competencias específicas -unha medida “recomendada” pola Unión Europea, especificou a conselleira, e pioneira no conxunto de España- coas que se quere dar resposta á necesidade de formación para enfrontar, entre outros retos, a dobre transición dixital e verde, favorecendo a mellora da empregabilidade.

Tal e como destacou a representante da Xunta, noutro eido de cousas, a igualdade e o benestar laboral seguirán a ser atendidos “de xeito intenso”, destinándose este 2023 un total de 16,8 millóns de euros para o fomento e apoio de medidas de conciliación e corresponsabilidade, igualdade e benestar laboral.