EMPREGO EN GALICIA aposta por un mercado laboral máis interconectado, dinámico, formado e accesible e pretende ser un concentrador de sinerxías, onde as persoas participantes traballan xuntas, intercambian coñecemento, colaboran e forman unha comunidade.
Un espazo para mellorar as capacidades das persoas traballadoras, a competitividade das organizacións e o benestar laboral.
Un espazo para mellorar as capacidades das persoas traballadoras, a competitividade das organizacións e o benestar laboral.
O COMPROMISO DE EMPREGOENGALICIA
EMPREGO EN GALICIA procura converterse no servizo de referencia para o desenvolvemento do tecido organizacional de Galicia, poñendo o foco no achegamento da formación e información constante e actualizada, establecendo os seguintes obxectivos fundamentais:
Xerar un cambio na contorna laboral actual, mellorando as competencias das persoas para construír organizacións resilientes.
Contar cun recurso que impacte na sociedade, que conecte as persoas e fortaleza o tecido organizacional galego.
Facilitar o achegamento dos recursos ofertados pola Xunta de Galicia en materia de formación e emprego a todas as persoas interesadas.
Favorecer a prevalencia das organizacións galegas, apostando pola capacitación e a recualificación profesional co fin de incrementar a súa competitividade, a supervivencia e o benestar das persoas e das organizacións.
Crear espazos que xeren sinerxías e recursos que potencien a axilidade, a flexibilidade, así como a capacidade de adaptación e innovación das persoas que compoñen as organizacións fronte a situacións de cambio no mercado laboral.
Previous
Next
QUE PODES ATOPAR NESTE ESPAZO
O recurso aposta polas contornas dixitais, desenvolvendo o seu labor principalmente a través deste escaparate online no que poderá atopar:
EMPREGO EN GALICIA ESTÁ ABERTO A:
Persoas Emprendedoras | Persoas Desempregadas
Emprendedores/as Sociais
Empresas | Equipos | Organizacións | Líderes