Compartir
Social Selling: Ou como xerar engagement coa túa clientela
As vendas híbridas nas que combinamos o modelo dixital co offline son xa una realidade. Segundo diferentes estudos, @s potenciais comprador@s están a utilizar as redes sociais para facer procuras de produtos ou servizos.
Este novo escenario esixe ás persoas profesionais adaptarse a novas metodoloxías de traballo co/a cliente e contar con ferramentas necesarias para poder alcanzar os obxectivos.
Empresas innovadoras e líderes do mercado xa están a utilizar a metodoloxía do coñecido como “Social Selling” para atopar potencial clientela e lograr ser un referente, tendo un perfil optimizado e de valor na rede.