A delegada da Xunta visita os novos emprendedores que reactivan o comercio no Casco Vello Alto e Vigo
A delegada da Xunta visita os novos emprendedores que reactivan o comercio no Casco Vello Alto e Vigo
A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, acudiu este luns ao barrio histórico vigués para visitar aos últimos emprendedores que se estableceron tras a iniciativa do organismo autónomo para adxudicar locais mediante concurso público. A presidenta realizou un percorrido polos establecementos abertos nos últimos meses tanto na rúa Real como no Casco Vello Alto.