A importancia das persoas para a mellora do benestar laboral

Compartir

Como ben indica a propia palabra, o BEN + ESTAR, é: estar ben.
… Que implicacións ten estar ou sentirse ben?

Aínda que para cada persoa esa resposta poida ter matices diferentes, o punto de encontro podería ser o de dispoñer dun estado de satisfacción persoal que xorde de sentir seguridade e comodidade en ámbitos como o da saúde física e mental, o desenvolvemento social, económico e profesional, así como estar en conexión co pracer persoal, a alegría de vivir, a harmonía consigo mesmo/a e tamén coa contorna.
Trasladado ao ámbito laboral e en liña co indicado, estar ben nun traballo require de alcanzar o equilibrio entre todos eses aspectos que conflúen nos ambientes profesionais: soldos e prestacións, liderado e supervisión, comunicación, ferramentas de traballo, condicións de traballo, formación e capacitación continua, integración do individuo e recoñecemento, traballo en equipo, conciliación familiar, coidados e confianza, etc.
O nivel de satisfacción ou insatisfacción, relacionado con todos estes aspectos, conforma a contorna laboral que por tanto se desenvolve mantendo no centro a persoa, posto que unha empresa non é máis que un conxunto de persoas interactuando.
Tomando como base este concepto, hai que entender que se o lugar de traballo non é un lugar feliz, a satisfacción persoal decrece e con ela o rendemento persoal e profesional do individuo.
O benestar laboral é un concepto que integra todo o que se fai para a comodidade e a mellora dos/as empregados/as por riba do aspecto salarial e que se basea na relación existente entre a produtividade e a felicidade. Inicialmente pode supoñer un gasto extra que, se se realiza de forma adecuada, obterá maiores beneficios.
Cando un/unha empregado/a sente que a empresa se preocupa polo seu benestar, vincúlase ao proceso produtivo desde unha implicación maior e unha preocupación por acadar os resultados. Xérase unha complicidade e capacidade de compromiso que unifica criterios, achegando unha mirada conxunta cara a obxectivos comúns. Introducir melloras laborais implica fomentar a satisfacción que vai unida de forma unilateral á creatividade e capacidade de innovación das persoas.
A diferenza entre unha organización que simplemente funciona e outra que destaca polo seu rendemento e produtividade é que a felicidade do conxunto de traballadores/as a se dispón en paralelo aos retos perseguidos, logrando desta maneira un éxito cooperativo, resultado dese impulso simultáneo entre saúde e produción.
 
Picture of Xempre
Xempre

Equipo de expertos/as de XEMPRE.