A Xunta afonda nas microformacións a demanda do tecido comercial para seguir incrementando a súa competitividade e fortalecendo o sector
A Xunta afonda nas microformacións a demanda do tecido comercial para seguir incrementando a súa competitividade e fortalecendo o sector
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na apertura dun curso formativo sobre escaparatismo dirixido ao comercio asociado ao centro comercial aberto do concello do Barco de Valdeorras, O Barco Aberto.
Esta iniciativa de microformacións a demanda impulsadas pola Xunta súmase a outras similares xa realizadas co tecido comercial de Vigo e de Lalín, na procura de seguir mellorando as competencias do comercio e incrementando a súa fortaleza para facer fronte aos retos actuais. Ademais, no marco do proceso participativo de cara á elaboración do futuro Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, o sector demanda a celebración deste tipo de xornadas formativas de curta duración sobre temáticas moi concretas, polo que a Xunta seguirá apostando por esta liña de traballo, da man das asociacións e dos centros comerciais abertos. Cómpre sinalar que a asociación de comerciantes O Barco Aberto é beneficiaria da orde específica do Executivo galego para este tipo de entidades e organiza ao seu abeiro un extenso programa de actividades de dinamización comercial durante todo o ano.