A Xunta avoga polo fomento do talento científico e tecnolóxico na presentación da X ‘First Lego League Galicia’ coa que colabora
A Xunta avoga polo fomento do talento científico e tecnolóxico na presentación da X ‘First Lego League Galicia’ coa que colabora
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe no acto de presentación da X First Lego League Galicia, un certame organizado pola Universidade da Coruña que conta coa colaboración da Administración autonómica, que concede un Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación.
A competición diríxese a mozas e mozos de toda Galicia para potenciar o talento no marco das disciplinas STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas). Ardao puxo en valor iniciativas como esta por estimular unha aprendizaxe novidosa e animar á xuventude á abordaxe de solucións a través do enxeño e a innovación.