A Xunta enxalza o talento e a innovación do comercio dentro da industria téxtil e da moda en Galicia
A Xunta enxalza o talento e a innovación do comercio dentro da industria téxtil e da moda en Galicia
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou no acto de presentación da segunda edición do congreso de moda Modiña, que se celebrará o 7 e o 8 de novembro na Coruña e no que colabora a Xunta a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da Consellería de Economía e Industria. Alí o director xeral puxo de relevo o talento, o carácter innovador do sector téxtil e o da moda en Galicia así como a súa vocación emprendedora e salientou que eventos coma este congreso contribúen a explorar novas formas de expresión, de consumir e de relacionarse.
Ademais, Gabriel Alén puxo en valor a importancia deste tipo de accións para atraer talento, impulsar a competitividade do tecido comercial, incentivando o consumo nos negocios locais de Galicia. Ademais, lembrou que este é tamén o obxectivo do Plan estratéxico de comercio que se está a elaborar actualmente da man de todos os axentes implicados, co fin de telo listo no primeiro trimestre de 2025, e que contemplará unha batería de medidas para fortalecer os negocios de proximidade. Tamén destacou o labor da Rede de polos de emprendemento no asesoramento a proxectos empresariais co que contribúe ao desenvolvemento de sectores como o téxtil e o da moda.