A Xunta pon de relevo as máis de 55.000 persoas beneficiadas desde o 2009 dos programas integrados de emprego promovidos cos concellos e outras entidades
A Xunta pon de relevo as máis de 55.000 persoas beneficiadas desde o 2009 dos programas integrados de emprego promovidos cos concellos e outras entidades
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, compareceu esta tarde no Parlamento para responder unha pregunta sobre os PIE e o seu impacto a través das distintas convocatorias publicadas polo Goberno galego.
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, compareceu hoxe na comisión 5ª de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento galego. Fíxoo para responder unha pregunta sobre os programas integrados de emprego (PIE) e o seu impacto nas distintas convocatorias publicadas pola Xunta.
Na súa intervención, Lado destacou que desde o ano 2009 téñense beneficiado máis de 55.000 persoas desempregadas destas iniciativas promovidas por concellos ou entidades sen ánimo de lucro co apoio do Goberno autonómico, incluíndo as 5.800 que participarán nos programas aprobados no marco da orde deste ano, que se elevou ata os case 12 millóns de euros e posibilitará a realización de 58 proxectos.
A directora xeral fixo fincapé en que os PIE implican a mellora da empregabilidade das persoas -100 beneficiadas por cada programa- ofrecéndolles formación para o emprego e a posibilidade de realizar prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia co contido teórico-práctico das accións formativas. Co afán de fomentar a incorporación ao mercado dos colectivos que máis o necesitan, promóvese a colaboración con negocios locais co gallo de dar resposta ás súas demandas concretas e así acadar -dixo- un mínimo dun 35% de insercións laborais.