A Xunta pon en valor a transformación dixital de emprendedores e pemes que promoverá a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
A Xunta pon en valor a transformación dixital de emprendedores e pemes que promoverá a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou esta mañá no acto de presentación do proxecto dixital hubNET, da Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Alí, valorou a iniciativa de ter dous centros conectados na cidade do Lérez e na vila arousá co obxectivo de impulsar a transformación dixital de pemes e emprendedores.
A directora xeral gabou este proxecto que busca proporcionar apoio, equipamento técnico e os últimos avances en dixitalización co gallo de fomentar o emprendemento, o intercambio de experiencias e o acceso a mercados exteriores en sectores estratéxicos como o forestal; o do transporte e loxística; o do turismo e o comercio minorista. Aproveitou para poñer de relevo a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego, que ten atendido uns 570 proxectos en toda Galicia, dos que uns 130 se localizan na provincia de Pontevedra.