A Xunta pon en valor o programa Retorna Cualifica Emprego para atraer talento galego no exterior para atender vacantes non cubertas en Galicia

A Xunta pon en valor o programa Retorna Cualifica Emprego para atraer talento galego no exterior para atender vacantes non cubertas en Galicia

  • A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou o Foro Retorna Emprego da Asociación galega de empresa familiar (AGEF) onde lembrou que a iniciativa xa conta con medio millar de ofertas de emprego.

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, deu hoxe coñecer o programa Retorna Cualifica Emprego na clausura Foro Retorna Emprego da Asociación galega de empresa familiar (AGEF), onde puxo en valor esta iniciativa que atrae talento do exterior e achega a Galicia man de obra cualificada para atender ás necesidades do mercado de traballo.

O programa Retorna Cualifica Emprego, que promove a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, está a favorecer o regreso de galegas e galegos residentes no exterior, mediante un contrato de traballo na comunidade e plans personalizados de cualificación e empregabilidade.

Lado animou ás empresas a adherirse ao programa a través do que poden canalizarse ofertas de emprego que non se cobren por falta de candidaturas no Servizo de Emprego de Galicia, para ser cubertas por galegos no exterior.  

Tal e como indicou Lado, xa hai ao redor de medio milleiro de ofertas de traballo dispoñibles, e máis dun cento de traballadores xa están contratados na nosa comunidade.

Retorna Cualifica Emprego forma parte da nova Estratexia Galicia Retorna 2023-26 (ERG2026), cun cento de medidas e 450 millóns de euros de orzamento, co obxectivo facilitar o regreso á súa terra de milleiros de galegos do exterior nos vindeiros exercicios.