A Xunta presenta o proxecto colaborativo de emprendemento Cociña de ancares terras de burón
A Xunta presenta o proxecto colaborativo de emprendemento Cociña de ancares terras de burón
- A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, loaron o proxecto impulsado polo Polo de emprendemento da Fonsagrada e o GDR Montes e Vales Orientais.
- Puxeron en valor que esta iniciativa conxunta busca dar a coñecer os queixos, viños ou produtos cárnicos da zona -mesmo cunha tenda online-, así como o xeito de producir e os atractivos naturais ou históricos da contorna.
No Polo da Fonsagrada téñense atendido máis de 60 persoas emprendedoras, con proxectos entre os que destacan os hostaleiros, seguidos dos referidos á agricultura ou gandaría.
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participaron hoxe na presentación do proxecto Cociña de Ancares Terras de Burón, impulsado polo Polo de emprendemento e apoio ao emprego da Fonsagrada en colaboración co grupo de desenvolvemento rural (GDR) Montes e Vales Orientais. Alí, puxeron en valor esta iniciativa colaborativa que busca dar a coñecer os produtos agroalimentarios da zona, xunto cos seus atractivos naturais ou históricos.
Cociña de Ancares Terras de Burón
No acto de hoxe, presentáronse os traballos realizados ata o momento no marco do proxecto de emprendemento Cociña de Ancares Terras de Burón, o estado da iniciativa e os próximos pasos a dar, como a habilitación dunha tenda online. Ao tempo, os produtores participantes no proxecto presentaron os seus produtos a distintos responsables de establecementos, facilitando así o contacto para acadar acordos de colaboración.