A Xunta reforza a aposta pola modernización e mellora da eficacia do Servizo Público de Emprego

A Xunta reforza a aposta pola modernización e mellora da eficacia do Servizo Público de Emprego

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, interviu no X Encontro de oficinas de emprego fronteirizas da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, onde fixo fincapé no traballo do Goberno galego en materia de modernización e dixitalización para impulsar a eficacia  do Servizo Público de Emprego de Galicia.

Isto inclúe, sinalou, o pulo a ferramenta EMi que está dispoñible nas 54 oficinas de emprego de Galicia, as obras de mellora na rede de oficinas de emprego, que contará cun investimento de 1,6 millóns de euros no 2025 ou o reforzo do programa de seguimento intensivo da demanda de emprego para garantir que nas listas figuren exclusivamente as persoas que realmente queren traballar. O obxectivo, subliñou a directora xeral, é que o servizo cumpra co seu cometido de xeito eficiente, tanto para as persoas que demandan activamente emprego como para as empresas que precisan talento cualificado.