A Xunta sinala en Ourense a importancia de impulsar en Galicia un emprendemento baseado na innovación e a sustentabilidade para xerar emprego de calidade
A Xunta sinala en Ourense a importancia de impulsar en Galicia un emprendemento baseado na innovación e a sustentabilidade para xerar emprego de calidade
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na clausura dun laboratorio de iniciativas sostibles da Confederación Empresarial de Ourense (CEO).
Xunta e Universidade están a impulsar o emprendemento innovador a través dun convenio de colaboración para apoiar as iniciativas que poidan xurdir no eido da investigación, a tecnoloxía e o emprego.
A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe na clausura dun laboratorio de iniciativas sustentables da Conferedación Empresarial de Ourense (CEO), onde puxo en valor a aposta da Xunta para impulsar en Galicia o emprendemento innovador e sostible e xerar emprego de calidade. Ardao destacou o emprendemento innovador como chave no futuro económico de Galicia e incidiu na importancia de apoiar iniciativas emprendedoras baseadas na inclusión, a sustentabilidade e a innovación.
Na súa intervención, Ardao salientou o traballo que está a facer a Rede autonómica de polos de emprendemento con dez activos na actualidade e coa previsión de chegar a quince antes de que remate o ano, dando, deste xeito, cobertura ao 100% da xeografía galega.
É unha iniciativa que a Xunta comezou a despregar por toda a xeografía galega no ano 2022, na que se avalían as potencialidades de negocio vinculadas aos territorios.
No ámbito do emprendemento innovador, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade conta, entre outros programas, cunha actuación en colaboración coa Universidade para apoiar iniciativas empresariais de base tecnolóxica que poidan xurdir no ámbito universitario e de impulsar o espírito emprendedor a través da investigación, a tecnoloxía e o emprego.