A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Pontevedra destes apoios a través dos que a Xunta inviste este ano 9,3M€
As axudas autonómicas para financiar os CIM e que os concellos promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero poden solicitarse ata o 8 de xuño
- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Pontevedra destes apoios a través dos que a Xunta inviste este ano 9,3 M€
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Pontevedra das axudas autonómicas que sairon publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado luns para financiar nos concellos galegos os Centros de Información á Muller (CIM) e apoiar programas e medidas contra a violencia de xénero e que promovan a igualdade e a conciliación.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade inviste nesta actuación máis de 9,3 millóns de euros coa que, en concreto, apoiará ás entidades locais galegas no desenvolvemento de programas orientados a tres finalidades: favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade.
Poden ser beneficiarias desta resolución as entidades locais (concellos, consorcios ou mancomunidades) que poden cursar a súa solicitude, de xeito individual ou compartido, ata o próximo 8 de xuño. En canto á dotación, a Xunta de Galicia destinará 500.000 de euros para accións municipais de promoción da igualdade; preto de 4,5 M€ ás de fomento da conciliación e a corresponsabilidade e máis de 4,3 M€ para apoiar o labor dos CIM.