Política de cookies

Este Portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros. Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo para almacenalo no seu navegador e, desta forma, obter e recuperar información sobre os hábitos de navegación da persoa usuaria ou do equipo en cuestión. Existen 2 tipos de cookies:

  • De sesión: créanse de forma temporal e, unha vez que se abandona o sitio web son eliminadas.
  • Permanentes: permanecen no navegador (durante o tempo que se establecese como período de duración do arquivo) e actívanse de novo cando se visita o sitio web que creou esa cookie.

A finalidade do uso das cookies que emprega este Portal é a de mellorar os servizos que ofrece mediante a análise dos hábitos de navegación de forma anonimizada. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais.

Coa súa navegación vostede fai uso das cookies que utiliza este Portal, que son de dous tipos:

  • Propias: que son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte das persoas usuarias.
  • Analíticas de terceiros: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google. Este portal realiza ese envío de forma anonimizada, isto é, que para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics. Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí. Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Se o desexa, pode atopar máis información sobre os distintos tipos de cookies que emprega Google Analytics nesta páxina.

Protección de datos

As persoas usuarias deste portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poden exercitar os dereitos, o contacto cos delegados e as delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: información sobre protección de datos persoais

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.privaci