Webinar
22 | Xuño | 2023
19H
ONLINE
Moito se falou ao longo da historia da necesidade de xestionar o noso tempo. Por unha banda, para mellorar a nosa produtividade na contorna laboral e, doutra banda, para conciliar e ter tempo de calidade dispoñible para outras áreas vitais.
Pode parecer unha utopía xa que, na actualidade, a sensación de «falta de tempo» e as présas seguen sendo factores que xeran altos niveis de estrés nunha porcentaxe alta da sociedade, o cal ten unha influencia directa na saúde física, emocional e mental. Este obxectivo pode representar un mito inalcanzable, se non se dispón dos recursos precisos. A clave está en establecer prioridades, focalizar, clasificar, acoutar, organizar ou poñer límites, entendidas como algunhas das opcións para xestionar un recurso que, efectivamente, é limitado. Un proceso que, por incrible que nos pareza, parte do autocoñecemento, do desenvolvemento de habilidades directivas e de rutinas saudables, que respecten o descanso e se adapten as necesidades persoais de cada individuo.
Mar Ferrero é Psicóloga, especializada en Recursos Humanos, Orientación Laboral e Formación, con coñecementos en PRL, Formación de Adultos e formación en Igualdade e Xénero.
Desde 2016 é Vicepresidenta e Tesoureira da Asociación Empresarias de Galicia, cuxo obxectivo é promover e visualizar a igualdade plena da muller como empresaria, profesional liberal ou directiva.
Experta formadora en Igualdade de oportunidades, habilidades persoais e habilidades directivas, en formato presencial e en liña.