Os encontros de xempre

14 | Setembro | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

COÑECE AS ÚLTIMAS TENDENCIAS EN

O cambio constante, presente na nosa cotiandade, ofrece un panorama de inestabilidade que pode xerar sensación de desorde e desorientación. Esta nova realidade, precisa dunha capacidade de adaptación continua que as estruturas organizativas ríxidas, que se viñan empregando nunha grande parte do tecido empresarial, non posúen. Coñecer as novas tendencias no desenvolvemento da organización empresarial, é un dos camiños para non atoparnos coa obsolescencia e o fracaso do noso negocio.

A globalización da economía, os cambios na tecnoloxía e comunicación, a crise económica, os cambios das esixencias e características da clientela, e as necesidades e aspiracións dos equipos de traballo, entre outros factores, esixen poñer unha maior énfase nos sistemas organizativos das empresas.

QUE É:

HACK A BOSS é unha empresa fundada e establecida na cidade da Coruña desde 2018. É recoñecida en todo o país polos seus bootcamps tecnolóxicos e por ser unha das primeiras empresas en implementar a xornada laboral de 4 días. Esta startup galega destaca por colaborar coas empresas máis top do mundo axudándolles a crear os seus equipos tech a través da formación e procura de talento tecnolóxico.

QUEN É:

BASETIS é unha consultora baseada na cultura TEAL, que considera unha organización como un organismo vivo en continua evolución, con metas e obxectivos que non veñen impostos desde unha dirección e onde todas as persoas que forman parte determinan o futuro.

QUEN É:

CIAR CONSULTING é unha consultora de alto rendemento en estratexia, ciberinteligencia, xestión do cambio e xestión do talento diferencial.  Desenvolve proxectos en 11 países tanto en sector público como privado. “O principal patrimonio dunha organización e o seu equipo é o talento e o desenvolvemento diferencial do mesmo”.