Formación

28 | 06 | 2023 -
10 | 07 | 2023

11:00 - 12:30

Online

EspazoCoop organiza o obradoiro “Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas” no marco da Rede Eusumo e que forma parte do programa “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega”.

Este curso de teleformación terá unha duración total de 20 horas que se levarán a cabo entre o 26 de xuño e o 11 de xullo de 2023 a través de www.aulaespazocoop.com.

Ademais, realizaranse dúas sesións vituais de aprendizaxe os días 28 de xuño e 10 de xullo en horario de 11:00 h a 12:30 h co obxectivo de poder complementar os contidos teóricos do curso coa realización de actividades prácticas e dinámicas.

obxetivo principal desta formación é desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

As destinatarias son persoas mozas, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas, que teñan interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Darase prioridade a aquelas que se atopen en situación de risco de exclusión.

programa é o seguinte:

Módulo 1. A comunicación

Módulo 2. O traballo en equipo

Módulo 3. A toma de decisións

Módulo 4. O liderado nas cooperativas

Podes inscribirte a través deste formulario.

Consulta o cartel completo desta actividade.

Para máis información visita www.espazo.coop ou ponte en contacto a través de patane@espazo.coop | 881 887 456 – 697 877 773.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

A través da Rede Eusumo:

  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social. 
  • Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social. 
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.