Webinar

18 | 04 | 2023

20H

ONLINE

EspazoCoop organiza o obradoiro “Habilidades e competencias para o traballo en equipo en cooperativas” no marco da Rede Eusumo e que forma parte do programa “A cooperativa alternativa de emprego para a mocidade galega”.

Este curso de teleformación terá unha duración total de 20 horas que se levarán a cabo entre o 18 de abril e o 2 de maio de 2023  a través da Aula Virtual de EspazoCoop.

Ademais, realizaranse dúas sesións vituais de aprendizaxe os días 19 e 28 de abril en horario de 12:00 h a 13:30 h co obxectivo de poder complementar os contidos teóricos do curso coa realización de actividades prácticas e dinámicas.

obxetivo principal é desenvolver as habilidades persoais claves no traballo colaborativo e descubrir como aplicalas nunha contorna cooperativa, así como coñecer os recursos e as metodoloxías que axudan a traballar e mellorar as habilidades sociais.

As destinatarias son persoas mozas, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas, que teñan interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo. Darase prioridade a aquelas que se atopen en situación de risco de exclusión.

O programa tratará as seguintes temáticas:

  1. A comunicación
  2. O traballo en equipo
  3. A toma de decisións
  4. O liderado nas cooperativas

Podes inscribirte a través deste formulario.

Consulta o cartel completo desta actividade.

Para máis información contacta con patane@espazo.coop ou 697 877 773.

A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.

A través da Rede Eusumo:

  • Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
     
  • Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
     
  • Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.