A Confederación Empresarial de Ourense (CEO), no marco da Rede Eusumo, lanza o “Reto de Iniciativas para Ourense” como parte do desenvolvemento do proxecto titulado “Laboratorio de iniciativas sostibles”, cuxa finalidade é fomentar a competitividade do tecido socio-económico da provincia de Ourense, así como a promoción do emprendemento, o cooperativismo e a economía social nos próximos anos.
Esta actividade consiste na realización, en formato presencial ou en liña, dun itinerario nas instalacións da CEO onde os/as participantes deseñarán unha idea de negocio viable para poñer en marcha na provincia ourensá. Deste xeito, a CEO aposta polo talento mozo e fomenta o impulso de novas iniciativas de economía social e proxectos que promovan un desenvolvemento sostible.
O reto levarase a cabo o 15 de febreiro de 2023, desde as 9 da mañá ata as 8 da tarde, co obxectivo de conseguir identificar máis de 100 iniciativas en menos de 8 horas para lograr un futuro mellor na provincia de Ourense.
Se queres participar nesta actividade, poderás facelo de xeito individual ou en grupo (clase, asociación, colegas, empresa…) inscribíndote a través da web de Laboratorio de Iniciativas Sostibles.
Ese mesmo día, de 12:00h a 14:00h, realizarase tamén a presentación institucional do proxecto por parte das autoridades e os responsables do mesmo.
A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social. Con ela procúrase o fomento do espírito emprendedor prestando apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
A través da Rede Eusumo:
- Préstase apoio directo á creación e consolidación de emprego con base na economía social.
- Póñense a disposición das persoas e entidades interesadas medios para o emprendemento entre os que se inclúen as instalacións para albergar o inicio de proxectos empresariais de economía social.
- Impúlsase o modelo empresarial no ámbito local, a través de accións de formación, divulgación e asesoramento para o autoemprego na economía social.
A Rede Eusumo organiza a 3ª edición da actividade en liña: “COÑECE A ECONOMÍA SOCIAL E OS TIPOS DE ENTIDADES QUE A FORMAN”
Datas: do 24 de xaneiro ao 7 de febreiro 2023
Modalidade: en liña a través do Campus Eusumo
Persoas destinatarias: esta acción está dirixida a todas as persoas interesadas en coñecer o mundo da economía social e que queiran consolidar os seus proxectos empresariais.
Obxectivos:
Dar a coñecer a economía social así como as entidades que a forman.
Comparar estas fórmulas de economía social con outras fórmulas xurídicas.
Programa:
MÓDULO 1. A economía colaborativa
MÓDULO 2. Que é a economía social?
MÓDULO 3. As cooperativas
- Tipos de cooperativas
- Normativa que rexe as cooperativas
- Órganos das cooperativas
- Réxime económico e fiscal
MÓDULO 4. As sociedades laborais
MÓDULO 5. Outras fórmulas de economía social
MÓDULO 6. Características e diferenzas fronte a outras fórmulas xurídicas
Inscrición:
- Gratuíta
- O prazo para inscribirse remata o 23 de xaneiro de 2023
- Accede ao Campus Eusumo, rexístrate, se aínda non o fixeches, e matricúlate.
Consulta o cartel completo desta formación.