Webinar

21 | 03 | 2023

19:00 - 20:30

ONLINE

Neste webinar trataremos sobre se a clave do éxito empresarial no século XXI está directamente relacionada coa capacidade de espertar nas persoas empregadas o sentimento de pertenza e utilidade: pasar dun liderado directivo a un liderado persuasivo.

A persuasión a través do liderado é unha valiosa ferramenta, fundamentada nunha acción comunicativa deliberada para aportar unha nova visión ou reforzar un pensamento con respecto a un tema, e que está baseada na credibilidade e a confianza do argumentador/a.

O liderado persuasivo é un formato de liderado que chega para quedarse e que precisa dun reseteo profundo nas estruturas organizativa, coa finalidade de comprender que colocar a persoa no centro está estreitamente ligada coa capacidade de alcanzar os obxectivos propostos.

A capacidade de innovación dunha empresa e o seu éxito, pasa por saber ensinar ao seu equipo a xerar decisións que cren cambios, a fomentar un método e evitar perder o enfoque das accións. Require dunha enerxía que se leva dentro e que atrae aos demais, que inspira a seguir certas accións, focalizada en lograr transmitir confianza  e seguridade.

Enxeñeiro Topográfico pola Universidade Politécnica de Madrid e  Máster en Negocios. Máis adiante combinou estes estudos coa Psicoloxía, o que o levou a conferir un perfil multidisciplinar.

Posúe un extenso coñecemento no campo da persuasión, onde destaca a súa formación da man do Profesor Robert Cialdini, o maior experto en Influencia Social do mundo (Arizona – USA).

O seu obxectivo é inspirar ás persoas para conectar e influír nos/as demais, motivándoos/as a deixar pegada mediante a súa presenza e accións.

Antes de converterse nun dos máis destacados mentalistas corporativos de Europa, traballou en varias multinacionais, dirixindo equipos  de Vendas e Marketing.

Actualmente desenvólvese como formador e conferenciante sobre tres áreas clave: A Intelixencia Emocional, a Intelixencia Creativa e a Intelixencia Intuitiva. A través dos seus coñecementos e habilidades xunto coas súas dinámicas interactivas, consegue cautivar á audiencia e activar en cada persoa a forza da mente: o paso previo para o desenvolvemento do liderado persoal, a conexión interpersoal e o dominio da influencia persoal.

Coas súas exitosas conferencias, espectáculos, libros, podcast e formacións inspira e impacta en millóns de persoas en todo o mundo. A súa charla TEDx “A nobre arte da persuasión que influencia ás persoas” foi vista por máis dun millón de persoas e o seu podcast “The Mind Manager Podcast” converteuse nun referente para aqueles/as profesionais interesados/as en todo o relacionado coa “Psicoloxía no Traballo” e o desenvolvemento profesional.