Galicia acada a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996

Galicia acada a cifra de desemprego máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996

  • La conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, valoró hoy los datos, señalando la “coherencia” de las cifras, al bajar el desempleo y crecer las afiliaciones en la evolución anual y mensual.
  • Destacou que o paro, tanto na evolución anual como mensual, caeu en todos os sectores económicos, nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades e nos colectivos prioritarios para a Xunta como son, entre outros, os menores de 30 e as mulleres.
  • As cifras de parados menores de 30 anos e de mulleres desempregadas son as máis baixas da serie histórica (2006) nun abril.
  • As afiliacións continúan a superar a barreira do millón e a cifra sitúase nun nivel superior ao de hai 14 anos.
  • A titular de Promoción do Emprego indicou a importancia de traballar para crear máis emprego de calidade e sinalou que Galicia continúa “na senda da recuperación”.

Galicia acadou no mes de abril a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica, desde o ano 1996, con 139.343 persoas, sendo a terceira vez, tamén desde 1996, que o número de desempregados cae por debaixo das 140.000 persoas: en xullo de 2007 situouse nas 139.998 persoas e en xullo de 2022 nas 139.850. Así o destacou hoxe a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na valoración que fixo dos datos do paro rexistrado e de afiliacións á Seguridade Social. Sinalou a “coherencia” das cifras, xa que o paro caeu e as afiliacións creceron tanto na evolución anual como mensual. Tamén indicou que os datos amosan, como na última EPA (1º trimestre 2023), que “a poboación activa que se incorpora ao mercado de traballo é poboación ocupada”.

No referido ás cifras do desemprego, apuntou que descenderon con respecto a hai un ano e na comparativa con marzo nas catro provincias galegas, nas sete grandes cidades, en todos os sectores económicos, así como nos colectivos prioritarios para a Xunta como son, entre outros, os menores de 30 anos, as mulleres e os parados de longa duración.

Na comparativa con abril de 2022, o paro diminuíu nun -7,48 % (-11.259 persoas). Por sectores, liderou o descenso o primario (-16,86%), seguido da industria (-13,74 %), da construción (-9,88 %) e dos servizos (-6,58 %).  

Por colectivos prioritarios, decreceu, especialmente entre os menores de 30 anos (-13,52 %) seguido das mulleres (-6,56 %) e dos parados de longa duración (-4,19 %). As cifras de parados de menos de 30 anos e de mulleres sen emprego son as menores da serie histórica (2006) para este mes. Ademais, o número de persoas paradas de longa duración é o máis baixo nun abril desde 2009.

As afiliacións, pola súa banda, continúan a superar a barreira do millón, situándose a cifra (1.050.315) a un nivel superior ao reflectido hai 14 anos, en abril de 2009.

En canto á comparativa co mes pasado, o paro  tamén diminuíu  en Galicia, nun  -1,77 % (-2.504). Por sectores económicos, liderou a caída o primario (-1,96 %), seguido dos servizos (-1,82 %), da industria (-1,59 %) e da construción (-1,24 %).  As afiliacións tamén creceron na comunidade galega, nun 0,65 %.

Lorenzana, para rematar, sinalou que Galicia segue “na senda da recuperación” e apuntou á importancia de “continuar a traballar para crear máis emprego de calidade para que os empregos novos sexan non só en cantidade, senón en calidade”.

O deporte, ferramenta a prol da igualdade

Pola súa parte, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade defendeu que o deporte é un instrumento idóneo para poñer en valor a importancia da actividade física “como ferramenta indispensable para a loita pola igualdade e a non violencia de xénero fóra e dentro das canchas”. Nesta liña destacou a rúbrica do manifesto simbólico que no acto realizaron as persoas a  título individual e todos os clubs de maneira xeral como compromiso para acadar a verdadeira igualdade, incluíndo a perspectiva de xénero en todas as políticas de xestión, facilitando o acceso e promoción das mulleres no deporte de competición, garantindo a formación en igualdade de oportunidades e fomentando canles seguras de denuncia de todo tipo de violencias. 

O Goberno galego leva desenvolvendo nos últimos anos distintas actuacións a prol do deporte galego feminino e o fomento da igualdade. Nesta liña, o ano pasado destináronse 300.000 euros para a iniciativa Reto Galicia Toquío con igualdade na que participaron os representantes galegos nas últimas Olimpíadas coa finalidade de difundir mensaxes como os da Campaña NON contra a violencia de xénero.  

Este Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de primeiro máximo nivel estatal de Galicia complementa ao Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia -masculinos, femininos e mixtos- que se volverá renovar en breve e ao que se levan destinados 36 millóns de euros desde 2009 conseguindo que todos os equipos beneficiarios sexan o escaparate perfecto para que o deporte galego sexa un soporte publicitario de gran valor para exportar a imaxe de Galicia.