Lorenzana destaca o necesario vencello entre Xunta e concellos para impulsar o emprego e a igualdade nun encontro mantido co alcalde de Cerdedo-Cotobade
Lorenzana destaca o necesario vencello entre Xunta e concellos para impulsar o emprego e a igualdade nun encontro mantido co alcalde de Cerdedo-Cotobade
A Administración autonómica destinou 1,4M€ a actuacións de promoción da igualdade e de impulso á conciliación no Concello, ás contratacións no eido local e ao mantemento do Centro de Información á Muller da Lama que presta servizo a este municipio
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe unha xuntanza co alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, para perfilar programas de apoio ao emprego e someter a repaso as iniciativas locais a favor da igualdade neste concello nacido dunha fusión en 2016. A representante da Xunta puxo en valor a necesaria conexión entre o ámbito autonómico e municipal para aproveitar os recursos que en materia de emprego e igualdade se poñen á dispor da cidadanía.
Lorenzana destacou que a colaboración mantida nestes últimos sete anos co municipio tras a fusión, materializouse en achegas por valor próximo aos 1,4 millóns de euros destinados, principalmente, á promoción da igualdade no territorio, á sensibilización nesta materia e programas locais de impulso á conciliación; así como a xeración de emprego local mediante a contratación de persoas en exclusión social perceptoras da Risga ou para o fomento en contornas rurais a través do programa Aprol Rural.
Cerdedo-Cotobade conta cun Centro de Información á Muller que, desde A Lama, dá cobertura a este municipio así como aos da Lama e Fornelos de Montes. Os apoios da Xunta para o mantemento deste recurso ascenderon a case 350.000 euros desde 2026.