Queres emprender? Temos unha rede de apoio para ti!
Compartir
Sabémolo, emprender no é unha tarefa fácil e ao comezo son moitas as dúbidas que emerxen neste proceso, que resulta un tanto solitario.
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade quere acompañarche neste reto e por iso, hai un año, creamos os “Polos de emprendemento galego.”
Xerar riqueza no noso territorio é o noso compromiso constante!
Desde este obxectivo, conformamos, nestes tempos de continuo cambio, espazos para dinamizalo, a través da creación de emprego de calidade, un mercado laboral dinámico e inclusivo e un crecemento económico intelixente.
Os polos de emprendemento galego son unha rede de apoio que traballa para impulsar e consolidar proxectos de emprendemento efectivos, que teñan unha vinculación coa súa contorna.
Como se crean?
Primeiro, identificamos as oportunidades de emprendemento, segundo as necesidades do territorio. Despois, para saber onde é máis efectivo emprender, detéctanse as actividades económicas con potencial. E xa por último, impúlsanse aqueles proxectos que permiten desenvolver sectores innovadores na zona e que ofrecen, á súa vez, a posibilidade de crear sinerxías co tecido empresarial xa existente.
Queremos que o teu emprendemento sinta apoio, por iso, desde estes polos, ofrecémosche asesoramento e acompañamento continuado, unha metodoloxía común, validada e adaptada ao teu proxecto e titorías con profesionais de primeiro nivel.
Podes entrar a formar parte dun polo cando o necesites: xa acompañamos a 110 persoas emprendedoras con proxectos de diferentes sectores (comercio, hostalería, actividades artísticas e agricultura)!
O noso obxectivo é dar cobertura, antes de que finalice o ano, ao 100% do territorio galego, para favorecer o asentamento da poboación.
Pero non te preocupes! Mentres non estea operativo o polo da túa zona xeográfica, podes recorrer a este servizo desde calquera dos polos xa activos, en formato en liña, para evitar desprazamentos.
Damos soporte, tanto a esa idea que aínda non puxeches en marcha, como á mellora dese negocio que xa está a funcionar, así como ao impulso que sentes ante a posibilidade de emprender para crearche un futuro laboral.
Se no sabes por onde empezar, nós si o sabemos!
Deseñamos un método adaptado á contorna, ás necesidades de cada emprendemento e ao paso do tempo, coa finalidade de reducir o teu risco e incerteza.
Podes ir ao teu ritmo, xa que no hai prazos que cumprir. Terás unha persoa titora que che acompañará durante a túa formación e emprendemento e en función da madurez do teu proxecto, dispoñerás dun itinerario adaptado ás túas particularidades.
Os e as nosas técnicas da Rede de polos de emprendemento, así como o sistema de intelixencia territorial e moitos outros recursos, están a esperarte!
Se sentes bloqueo ou cres necesitar novas ferramentas, no o dubides, entra en https://es.polosemprendemento.gal/polos, busca o polo de emprendemento máis próximo a túa localización e contacta!
Desde a Xunta de Galicia, apostamos por un crecemento económico e sostible, que xere emprego estable e de proximidade. E ti?