Rivo avoga polo emprego en igualdade de condicións para acadar unha Galicia máis inclusiva
Rivo avoga polo emprego en igualdade de condicións para acadar unha Galicia máis inclusiva
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na Coruña no XXIII Encontro Nacional de Familias con Síndrome de Down.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, sinalou hoxe que o emprego é garante para acadar unha Galicia máis inclusiva no XXIII Encontro Nacional de Familias con Síndrome de Down que se celebrou hoxe na Coruña. Indicou que o emprego abre as portas do benestar e xera autonomía e, por iso, apuntou que o acceso a un traballo é clave para a participación das persoas con discapacidade na economía e na sociedade.
Así, explicou que a Xunta aposta pola integración laboral de todas as persoas no sistema produtivo porque as capacidades diferentes permiten mellorar a innovación, a creatividade e a produtividade.
Rivo, ademais, apelou á suma de esforzos e a seguir reforzando a colaboración coas entidades que en Galicia traballan a favor da igualdade e das persoas con discapacidade porque estes colectivos son os que coñecen mellor as necesidades neste ámbito.
A conselleira, así mesmo, puxo en valor a importancia da loita contra calquera discriminación. Neste senso, a nova Lei de igualdade, que está en tramitación parlamentaria, entre outras novidades, contempla o recoñecemento da discriminación múltiple e interseccional.
Para rematar, avogou polo traballo encamiñado á concienciación e sensiblización para atraer a diversidade ás empresas galegas.