Rivo pon en valor a economía social no Nadal como símbolo da prosperidade de Galicia

Rivo pon en valor a economía social no Nadal como símbolo da prosperidade de Galicia

  • A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, e as entidades que traballan polo emprego colaborativo protagonizan un vídeo de felicitación para transmitir os seus mellores desexos por estas data.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, protagoniza xunto coas entidades da economía social de Galicia un vídeo de felicitación para desexar bo Nadal e próspero ano 2024. O obxectivo é poñer en valor as entidades que traballan polo emprego colaborativo como símbolo da solidariedade e da prosperidade de Galicia.

En concreto, na gravación participan -ademais da conselleira- a presidenta da Unión de Cooperativas Galegas (Espazocoop), Ana Olveira; a presidenta da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia (Aeiga), Isabel Fraga; o presidente de Asociación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (Aesgal), Eduardo J. Salido; a presidenta e o xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca), Carmen Rodríguez e Higinio Mougán; e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), Mino Martínez.

Cómpre engadir que a economía social representa máis do 7% do Produto Interior Bruto de Galicia, mostrando os últimos datos pechados -de 2022- o seu constante crecemento, coa creación de cooperativas batendo récords e situándonos como a terceira comunidade autónoma en constitución de sociedades laborais.

 

Ligazón ao vídeo:

http://descargas-xuntarquivos.xunta.es/0e825c0d-bfdf-4a22-a66b-499d9ae6140a1703073455798