Rivo recolle as demandas do sector do transporte nunha xuntanza coa patronal Apetamcor
Rivo recolle as demandas do sector do transporte nunha xuntanza coa patronal Apetamcor
- A consellería de Promoción do Emprego e igualdade, Elena Rivo, reuniuse en Baños de Molgas coa secretaria xeral da Asociación empresarial do transporte de mercancías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero.
A Xunta de Galicia está a modernizar os seus servizos de emprego coas últimas tecnoloxías para cubrir a demanda de postos e carencias que afectan ao transporte e outros sectores de actividade.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, mantivo hoxe unha xuntanza coa secretaria xeral da Asociación empresarial de transporte de mercadorías por estrada de Galicia (Apetamcor), Myriam Otero, e cun grupo de profesionais de Perú contactados en orixe por unha empresa do sector. Estes condutores estanse a formar en Galicia para poder establecer aquí o seu proxecto vital e cubrir as vacantes que non é posible atender con profesionais da comunidade.
A representante autonómica recolleu as demandas do sector e comprometeu o estudo das mesmas, habida conta que unha das principais peticións ten que ver coa escaseza de profesionais, aspecto no que a Xunta de Galicia está a traballar con representantes desta e doutras actividades.
Para optimizar o casamento entre a demanda de man de obra e a oferta, a comunidade está a modernizar as oficinas de emprego e a implementar unha nova texnoloxía baseada na intelixencia artificial. A través de EMi, que se está a implantar de xeito gradual no servizo galego de emprego, axustaranse as necesidades do mercado laboral en tempo real aos perfís das persoas candidatas grazas aos avances da intelixencia e analítica de datos.
Recentes estatísticas contabilizan en Galicia máis de 15.000 vacantes en empresas de 10 ou máis asalariados. A Xunta de Galicia ten un compromiso permanente con todas as galegas e os galegos: conseguir un emprego de calidade, un mercado laboral dinámico e inclusivo e un crecemento económico intelixente.